CRTVG

Buscar

A autopsia non revela sinais de violencia pero si indicios dunha morte criminal

Publicado o 01/01/2018 21:02

Tras unha primeira autopsia en Santiago, o cadáver será obxecto dun estudio máis especializado no Centro de Antropoloxía Forense de Verín. Noelia Váquez, o estado de conservación do corpo pode axudar a determinar en que circunstancias morreu Diana.

O feito de que estivera case 500 días sumerxido en auga a baixa temperatura xerou un proceso natural de conservación. Os tecidos transformaronse nunha especie de coiraza graxa que detivo a putrefacción.

O experto forense Fernando Serrulla será o encargado dos traballos para determinar cando e de que maneira morreu Diana Quer. Fontes xudiciais só apuntan que na primeira autopsia non detectaron sinais de violencia pero si indicios claros de criminalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2018