CRTVG

Buscar

A prevención da ludopatía chegará aos centros educativos

Publicado o 11/07/2019 22:31

Actividades educativas e formativas en temas da seguridade na internet e nas redes sociais, a educación na igualdade ou na prevención da drogadicción son as actuacións que levou a cabo este plan no curso 2018-2019. Un programa que vai incorporar o curso que vén actividades para a prevención da ludopatía, cuestión que está a preocupar á comunidade escolar. "Imolo tratar porque así nolo pediron os alumnos e as alumnas, o tema da ludopatía, o tema das apostas. Toda esta cuestión que está a afectar nestes momentos e que a sociedade está empezando a ter unha prevención", explicou Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia.

A plan para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos están adheridos mil cento sesenta e tres colexios galegos, no que participan cento trinta e tres mil alumnos. As institucións involucradas no desenvolvemento deste programa reuníronse na delagación do Goberno para facer balance do curso 2018-2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019