CRTVG

Buscar

A pretemporada de Coudet no Celta, xornadas de traballo físico e pouco balón

Publicado o 07/07/2021 16:02

E houbo un adestrador do Celta que dixo hai anos nunha pretemporada. Moita auga mata planta. O equipo non traballaba e así lle foi. Con Coudet todo é distinto.

A pretemporada con Coudet remata as xornadas de traballo cos futbolistas esgotados. Sen gasolina. Coudet puxo en marcha un esixente plan de adestramentos. Quere un Celta para competir ao cen por cento desde o primeiro día de liga.

"Estamos fundidos, todas as pretemporadas son duras, pero esta é un pouco máis", dicía Hugo Mallo.

Pero se queren unha explicación máis concreta atendan a conversa de Miguel Baeza e Kevin Vázquez. Así é a pretemporada do Celta: "Correndo, correndo e seguimos correndo", en palabras do propio Kevin

 

Noticias web

07/07/2021