CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión a muller que, supostamente, matou a nai na Coruña

Publicado o 10/04/2019 21:27
Ingresa en prisión a muller que, supostamente, matou a nai na Coruña

Xa está no cárcere a muller que, supostamente, matou a nai no barrio coruñés de Labañou. A presunta matricida entregouse na comisaría de Málaga. O crime cometeuse o pasado 24 de marzo. Ao parecer, ambas discutiran porque ao día seguinte unha comisión xudicial as ía desaloxar da vivenda. Cando os axentes entraron na casa, atoparon o corpo da nai con sinais de asfixia. Ao seu carón había unha carta que deixou a filla antes de fuxir.

Noticias web

10/04/2019