CRTVG

Buscar

A presión veciñal logrou expulsar media ducia de ocupantes ilegais do barrio das Flores, na Coruña

Publicado o 23/03/2021 15:30

Os ocupantes ilegais  que se instalaran nun chalé do barrio das Flores, abandonárono nas últimas horas escoltados pola Policía. Un desaloxo que foi posible grazas á presión veciñal.

"Xuntámonos todos e botámolos. Non querían marchar", explica un veciño.

Intentaron botalos en varias ocasións. Unha das últimas foi o domingo pasado. Daquela agrediron un veciño. Aseguran que alteraban a convivencia no barrio e que pasaban medo.

Cunha media de 5 denuncias ao mes por ocupacións ilegais, A Coruña é a cidade galega máis afectada por este problema, segundo os datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.





 

Noticias web

23/03/2021