A presión social tras a sentenza da Manada abriu o debate da reforma do Código Penal
A Audiencia de Navarra ditaminou que os membros da Manada eran autores dun delito de abuso. Nada máis coñecerse a sentenza, milleiros de persoas saíron á rúa en toda España para esixir que foran condenados por agresión sexual. Unhas manifestacións que se repetiron cando se ratificou a sentenza e cando os condenados quedaron en liberdade provisional. A presión social abriu o debate sobre a necesidade de reformar o Código Penal. Unha reforma que algúns avogados non comparten.
José Carlos López, avogado penalista: "Eu creo que a doutrina está consolidada e diferencia abuso de agresión."
O Goberno encargoulle a un grupo de expertos que revisase a tipificación dos delitos sexuais. No seu informe mostráronse a favor de que todo abuso sexa considerado agresión, pero o adianto electoral paralizou a reforma. Unha postura que comparten expertos en dereito penal.
Evaristo Nogueira, avogado penalista:"Toda penetración non consentida á marxe de violencia ou intimidación, que ademáis é subxectivo, debe ser violación."
A resolución do Supremo sentará un precedente que pode influír en casos similiares que están agora mesmo nos xulgados.