CRTVG

Buscar

A presión nas UCI mantén as restricións á mobilidade en Ourense

Publicado o 31/10/2020 15:52

Na provincia de Ourense, polo de agora, mantéñense as mesmas restricións de mobilidade aplicadas hai xa case un mes aquí na cidade de Ourense e que se estenden a outros sete concellos, como Barbadás, Verín e O Carballiño e en total en quince concellos da provincia están restrinxidas tamén as xuntanzas de persoas non conviventes. Malia que os datos da incidencia acumulada nos últimos quince días melloraron, con 91 casos novos nas últimas 24 horas, 37 mais ca onte, Sanidade decidiu manter estas medidas polo menos, ata o martes. Preocupa, sobre todo, a presión asistencial na unidade de coidados intensivos. Por iso, as autoridades sanitarias insisten en que agora non é o momento de relaxarse para evitar así que siga aumentando o número de contaxios.

Noticias web

31/10/2020