CRTVG

Buscar

A presión hospitalaria e a alta incidencia da última semana pechan Ferrol, Narón, Fene e Neda

Publicado o 30/10/2020 15:02

Na área sanitaria de o peche perimetral tamén lle afecta a un grupo de concellos. Son os de Ferrol, Neda, Narón e Fene. A Xunta decretou o peche perimetral en Ferrol, Narón, Fene e Neda. Aquí, en Ferrol, preocupa, e moito, a incidencia acumulada nos últimos 7 días, que é de 284 casos por cada cen mil habitantes. Quedan amais prohibidas as reunións de non conviventes e as cafeterías só poden servir nas terrazas.

En Ferrol preocupa a presión hospitalaria por mor do incremento dos ingresos nas UCI: "A Sanidade non dá para tanto" "As UCI están como están", din dúas ferroláns.

Na área sanitaria de Ferrol, nas últimas 24 horas houbo 99 novos contaxios confirmados por PCR e son 757 os casos activos. Hai 24 hospitalizados en planta e outros 6 casos máis graves están na UCI. Ferrol, Narón, Fene e Neda pasan a nivel 3, o que implica que as xuntanzas quedan limitadas ás persoas conviventes. "Estas medidas tiñan que tomalas antes...", expón unha veciña. Os hostaleiros só poden servir nas terrazas. "Hai que ir tirando pouco a pouco", engade un hostaleiro.

O obxectivo é deter a propagación do virus.

 

 

 

Noticias web

30/10/2020