CRTVG

Buscar

A presión hospitalaria segue á baixa (-59) e os casos activos caen ata 7.292

Publicado o 24/02/2021 10:15

• A positividade mantense por debaixo do 5 % por noveno día consecutivo

Estes son os niveis de restricións que comezan o venres

A presión hospitalaria segue á baixa (-59) e os casos activos caen ata 7.292

Continúa o descenso de casos nesta terceira vaga, aínda que a un ritmo menor que nos últimos días. Segundo o Sergas, hai 7.292 persoas con covid-19 en Galicia, 456 menos ca onte. Detectáronse 279 novos positivos, 223 a través de PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 2.351 (-173)

Vigo: 1.127 (-87)

Pontevedra: 983 (-53)

Santiago: 807 (-31)

Lugo: 748 (-19)

Ferrol: 767 (-50)

Ourense: 509 (-43)

A presión asistencial, á baixa

Sanidade informa de 634 persoas hospitalizadas (-59): 501 en planta (-46) e 133 nas UCI (-13). Así, as cifras de presións hospitalaria remiten ata os niveis de hai un mes, aproximadamente.

A cifra de falecidos nesta pandemia ascende a 2.196, logo de que o Sergas notificase onte o pasamento de nove persoas nos últimos días por mor da covid-19.

Seguimos por debaixo do 5 %

O número de probas PCR realizadas onte foi de 6.473 (+1.364). Delas, deron positivo 223, o que revela unha taxa de positividade de 3,45 %, o que sitúa Galicia por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS -5 %- por novena xornada consecutiva.

Mapa de incidencia por concellos e restricións

O Sergas confirmou onte os niveis de restricións definitivos para os concellos do país. Finalmente serán só 10 os que quedarán no nivel 1, o de máximas restricións. Os niveis de incidencia amosados non teñen por que corresponder cos niveis de restricións, o mapa de referencia nese sentido é o segundo.