CRTVG

Buscar

A presión asistencial, os casos activos e os contaxios seguen baixando

Publicado o 07/09/2021 10:27

O Sergas notificou seis falecementos por mor da covid−19 

• Diminúen os novos casos detectados por PCR (-37)

Os casos activos seguen baixando e rozan o pico da primeira vaga. En total, hai 5.556 persoas con coronavirus en Galicia, 292 menos que a xornada anterior.

Canto ás PCR, estas tamén diminúen (-37). Foron detectadas 158 probas positivas.

Pola súa parte, os casos novos detectados por PDIA tamén diminúen (-18), cunha cifra de 102.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 820 (-38)

A Coruña: 1.400 (-57)

Pontevedra: 327 (-31)

Santiago: 1.020 (-27)

Ourense: 557 (-29)

Lugo: 1.140 (-81)

Ferrol: 292 (-29)

A presión asistencial segue descendendo, con 46 persoas hospitalizadas en UCI (-2) e 144 en planta (-9). Porén, o Sergas notificou o falecemento de seis persoas con coronavirus, que alza a cantidade de decesos aos 2.590 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Noticias web

07/09/2021