CRTVG

Buscar

A presidenta do Congreso, madriña do buque de guerra 'Furur'

Publicado o 14/09/2018 21:23

O estaleiro de Navantia en Ferrol acolleu esta tarde a cerimonia en que a presidenta do Congreso dos Deputados Ana Pastor exerceu de madriña do Buque de Acción Marítima 'Furor'. Trátase dun patrulleiro dotado coa última tecnoloxía construído nas instalacións ferrolás.

A presidenta do Congreso dos Deputados Ana Pastor exerceu de madriña do buque de guerra 'Furor'. Foi nunha cerimonia celebrada no estaleiro de Navantia en Ferrol á que asistiron autoridades civís e militares, este patrulleiro forma parte da segunda serie de Buques de Acción Marítima que Navantia contratou co Ministerio de Defensa en 2014. Conta coa última tecnoloxía para misións de vixilancia marítima tanto medioambiental como pesqueira, control marítimo e operacións antiterroristas e mesmo contra o narcotráfico. A entrega do 'Furor' á Armada Española está prevista para finais de ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018