CRTVG

Buscar

A presidenta do Congreso traslada ao Supremo a suspensión dos presos electos

Publicado o 22/05/2019 20:24

Seguen os pasos de inicio da lexislatura. A nova presidenta do Congreso, Meritxell Batet, foi recibida hoxe polo Rei, para comunicarlle oficialmente a constitución da cámara. Nesta primeira reunión tamén é habitual que a presidenta do Congreso lle traslade ao Rei a listaxe de partidos con representación parlamentaria, pero nesta ocasión esa comunicación será a semana próxima por dous condicionantes: o feito de estar en campaña e que o Congreso ten pendente a suspensión dos deputados que están en prisión. Un asunto que será tratado mañá na primeira reunión da Mesa do Congreso.

O Supremo recibiu hoxe dous escritos sobre os cinco procesados que obtiveron escano. Un da Fiscalía en que lle pide que comunique xa ás mesas do Congreso e do Senado que os deben suspender de inmediato en aplicación da Lei de axuizamento criminal. E outro da presidenta do Congreso pedindo aclaracións sobre o procedemento.

Confirmou que a Mesa do Congreso se vai reunir mañá ás doce e media para analizar a situación dos presos e que todos os grupos poderán dar a súa opinión. En Unidas Podemos non descartan votar en contra da suspensión.

PP e Ciudadanos din que non procede ningún debate e que a suspensión debe ser automática.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019