CRTVG

Buscar

A presidenta da Comisión Europea visita España e agárdanse noticias sobre o plan de recuperación

Publicado o 16/06/2021 15:16

A presidenta da Comisión Europea visita esta tarde España e agárdase que traia boas noticias con respecto ao plan de recuperación para a economía española. 

Ursula von der Leyen arrancou hoxe unha xira pola Unión Europea, estreando pasaporte covid, para ir anunciando, en persoa, o previsible aprobado aos plans de recuperación presentados polos países para recibir os fondos de recuperación. Xa estivo esta mañá en Lisboa, e pola tarde reunirase con Pedro Sánchez en Madrid. Con este visto e prace porase en marcha a maquinaria para acceder, no caso de España, a 140.000 millóns de euros nos próximos seis anos, 70.000 deles en axudas a fondo perdido.

Tras pasar pola Península Ibérica, von der Leyen segue ruta. Mañá estará en Grecia e Dinamarca, e o venres en Luxemburgo. Calcúlase que os cartos poderían empezar a chegar en agosto.

Noticias web

16/06/2021