CRTVG

Buscar

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, visitará España o mércores

Publicado o 11/06/2021 20:56

Bruxelas anuncia a viaxe da presidenta da Comisión Europea a España para este mércores. A visita de Úrsula von der Leyen está dentro dunha xira por sorpresa a varios países europeos. E agárdase que anuncie a aprobación do plan de recuperación español. 

A viaxe de von der Leyen a Madrid estará precedida por unha parada en Lisboa. A Comisión Europea recoñece que a súa presidenta tratará en España e Portugal os Plans de Recuperación e Resiliencia de ámbolos países para entregarlles miles de millóns en axudas contra a crise da covid.

O plan español estará o mesmo martes na mesa do Colexio de Comisarios para ser aprobado, antes da xira de von der Leyen. Bruxelas avaliará que o goberno adica máis dun 30% das axudas á transición ecolóxica e un 20% á dixitalización da economía.

O mesmo acontecerá cos de Portugal, Grecia e Dinamarca. Nestes dous últimos países von der Leyen estará o xoves e o venres en Luxemburgo. Os cinco socios europeos serán os primeiros en recibir transferencias do Fondo de Recuperación. No caso de España, este ano serían 9.000 millóns de euros.
 

Noticias web

11/06/2021