CRTVG

Buscar

A presidenta da Comisión Europea asegura que actuarán contra Polonia

Publicado o 19/10/2021 10:28

Polonia xoga o seu futuro na Unión Europea. Acaba de arrancar un pleno tenso no Parlamento Europeo. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, afirmou este martes que o seu executivo "actuará" ante a recente sentenza do Tribunal Constitucional polaco que cuestiona a primacía do dereito comunitario sobre o doméstico e advertiu de que a decisión "socava a protección da independencia xudicial", algo que a UE non quere "poñer en risco". "Non podemos arriscar nin arriscaremos os nosos valores comúns. A Comisión actuará", asegurou Von der Leyen nun debate na Eurocámara ao que tamén asiste o presidente polaco, Mateusz Morawiecki. 

O primeiro ministro polaco insistiu este martes en que o dereito nacional prima sobre o europeo e denunciou as "diferenzas" de trato que, ao seu xuízo, fanse na Unión Europea entre os países. "O Dereito da UE vai despois da norma nacional e isto aplícase en todos os Estados membros", dixo Morawiecki ante o pleno da Eurocámara, que hoxe debate a crise creada tras a recente sentenza do Tribunal Constitucional polaco que cuestiona a primacía do dereito comunitario sobre o doméstico. 

Noticias web

19/10/2021