CRTVG

Buscar

A presenza de piollos de mar causa alarma entre os bañistas da praia de Nerga, en Cangas

Publicado o 28/08/2019 14:41

Apenas teñen dous centímetros de longo, pero estes piollos de mar xeraron certa alarma nos últimos días entre os bañistas desta praia de Nerga, en Cangas.

Pero estes crustáceos son inofensivos para o ser humano. A súa curiosidade na busca de alimento fixo que algúns destes crustáceos acabaran no pelo dunha moza e tentaran subir pola perna dunha bañista.

O Concello xa anunciou que non adoptará medidas excepcionais, ao sinalar que se trata dun fenómeno natural, que podería estar motivado polas cambios no tempo.

Este piollos non deben confundirse coas pulgas de mar. E aínda que moitos xa os bautizaron como os vampiros mariños, estes organismos tamén son alimento doutras moitas especies nunha loita, sen dúbida, pola supervivencia.

Noticias web

28/08/2019