CRTVG

Buscar

A preocupación veciñal salvou un ancián do que levaban tres días sen noticias

Publicado o 11/01/2017 13:44

Os servizos de urxencia accederon á súa vivenda por unha ventá atopando o septuaxenario tendido no chan do seu piso totalmente desorientado

Un veciño da rúa do Areal, na localidade da Valenzá, en Barbadás, foi rescatado polos equipos de Protección Civil despois de levar tres días tirado no chan do seu piso. Foron os seus conveciños os que alertaron os servizos de urxencia tras comprobar que o home non saía da casa e que as luces da vivenda estaban prendidas días e noite.

Os membros de Protección Civil atoparon a vivenda completamente desordenada e o propietario tombado no chan consciente pero desorientado. Axiña foi trasladado ao Complexo Hospitalario Ourensán. A preocupación dos veciños pola súa saúde foi determinante para alertar os servizos de rescate.

Francisco Lois, de setenta e seis anos, continúa ingresado no recinto hospitalario ourensán onde se recupera satisfactoriamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017