CRTVG

Buscar

A praza do Obradoiro, fervedoiro de experiencias xurdidas ao longo do Camiño

Publicado o 14/04/2019 19:11

Son francesas, amigas da infancia. Hai cinco anos comezaron a súa particular aventura de peregrinación que hoxe remata en Compostela. Deste xeito, cumpren o soño de Natalie.

A emoción pode percibirse en cada recuncho da praza do Obradoiro. Este grupo naceu no camiño e foi medrando etapa a etapa. Alcanzada a meta, chega a hora de facer balance.

Experiencias que deixan pegada e que, moitas persoas, van tardar en esquecer.

O acceso ao interior da catedral está restrinxido por obras. Estes días, hai que entrar por Praterías e a misa do peregrino celébrase en San Francisco. Inconvenientes que a maioría de camiñantes nin perciben porque o obxectivo da peregrinación, unha vez en Santiago, xa está cumprido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019