CRTVG

Buscar

A prata, novo obxectivo de Reddit, dispara o seu prezo un 10 %

Publicado o 02/02/2021 08:49

A prata convértese no novo obxectivo dos investidores retallistas coordinados a través de redes sociais como de de Reddit. Conseguiron disparar o seu prezo máis dun dez por cento en poucas horas. Chegou a cotizar por riba dos 30 dólares a onza, un récord nos últimos oito anos.

Os foreiros aproveitaron que a prata está en mínimos para volver demostrar a súa forza no mercado de futuros, despois dos ataques alcistas a semana pasada ás accións de GameStop ou Blockbuster.

 

Noticias web

02/02/2021