CRTVG

Buscar

A praia de Silgar, en Sanxenxo, estrea nova imaxe co verán

Publicado o 19/06/2020 15:07

Silgar arranca o verán con nova imaxe. O Concello de Sanxenxo pretende ofrecer así garantías de seguridade e hixiene aos usuarios. Unha nova faciana que, a pesar de anunciada, non deixa de sorprender. E non gusta a todos.

As dúas primeras seccións de cuadrículas están operativas dende este sábado. Canto estea rematado o proceso, o areal estará dividido en 780 parcelas pensadas para acoller dúas persoas, aínda que no caso de grupos familiares as cordas serán susceptibles de moverse para ampliar a capacidade.
Os usuarios da praia confían en que se respeten as normas de distanciamento social.

O Concello de Sanxexo agarda polos permisos para controlar as demais praias do muncipio a través de aeronaves non tripuladas.


 

Noticias web

19/06/2020