CRTVG

Buscar

A praia de Samil é unha das favoritas dos turistas portugueses

Publicado o 19/08/2019 14:33

Visitar a praia de Samil no verán é un dos clásicos imprescindibles para moitos turistas que veñen a Vigo, pero tamén é unha das excursións favoritas dos nosos veciños de fronteira. Para os portugueses do norte, este areal é tamén a súa praia.

A súa beleza, a paisaxe e a calidade dos servizos son os elementos que decantan as preferencias non só dos galegos e dos portugueses, senón tamén do crecente número de viaxeiros que recala en Vigo.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Pontevedra foi a provincia con maior crecemento turístico no primeiro semestre do ano, cunha subida do 7,6%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019