CRTVG

Buscar

A praia de Riazor prepárase para a primeira alerta vermella da temporada

Publicado o 27/10/2020 12:19

Os areais da cidade da Coruña refórzanse ante a chegada prevista, para as vindeiras horas, da primera alerta vermella da temporada. Por iso as máquinas están traballando arreo en Riazor, para levantar a duna que se coloca cada ano como barreira de protección dese treito do paseo marítimo.

A duna terá unha altura de 2 metros e medio, e o risco de que o mar a rebase depende fundamentalmente da altura e dirección da ondada e as que se esperan para mañá mércores poderían chegar ata os oito metros.

 

Noticias web

27/10/2020