CRTVG

Buscar

A praia de Magor, en Sanxenxo, pechada ao baño ata o luns

Publicado o 06/09/2019 17:42

Unha vertedura de augas residuais obrigou a pechar a praia de Magor en Sanxenxo ata o vindeiro luns. Trátase dun dos areais máis concorridos da localidade, situado na parroquia de Noalla. O Concello instalou valados con carteis para advertir os bañistas, despois de que as análises realizadas confirmaran a presenza de bacterias procedentes, probablemente, de restos fecais. Os técnicos recomendan que se prohiba o baño durante 48 horas, ata o vindeiro luns, cando se volverán analizar as augas. Sospéitase que os restos proveñen do río Rego do Souto, que atravesa a parroquia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019