CRTVG

Buscar

A Praia das Catedrais volve estar a tope e hai que agardar dez días para a visita

Publicado o 15/08/2021 20:03

Esta tarde a media de espera para entrar non superaba os quince minutos. Para conseguir entrar no areal necesítase facer a reserva cunh media de dez días de antelación. Despois un ter que vir con ánimo de gardar fila ata para ir ao baño.

Pero a xente, cando contempla a arquitectura que o mar obrou nas rochas, sente que toda espera paga a pena. Un pouco máis apenados están os que viñeron cos seus compañeiros de catro patas e non se lles pemite a entrada na praia.

Non o entenden moi ben porque os cadeliños non son os que deixan estradas as cabichas, ou os tapabocas ou as latas de refresco.

As restricións para acceder á Praia das Catedrais con can rematan o 15 de setembro; para poder acceder sen reserva é a primeiros de outubro.

Noticias web

15/08/2021