CRTVG

Buscar

A praia das Catedrais suma xa nove días consecutivos con pases de visita esgotados

Publicado o 26/07/2021 14:53

A praia das Catedrais acolle unha auténtica peregrinación de turistas. O areal suma 9 días consecutivos esgotando os pases de acceso obrigatorios. "Reservamos por Internet e vimos un grupo de 16 persoas coa autorización".

No control de acceso infórmase aos visitantes das prohibicións e dos riscos. "Avisáronnos do perigo que hai nos acantilados e nas covas". "Xa nos informaron e parécenos ben xa sexa por conservar isto ou por seguridade".

Pero na praia hai algúns turistas pouco prudentes e quen ignora as normas. "Nas covas a xente dá algún pasiño de máis". "A xente e moi curiosa e métese e toda todo". "Somos así, onde nos din que está prohibido, alí nos metemos".

Socorristas e axentes mediomabientais velan pola seguridade de todos. "Nas covas nas que está habendo desprendementos poñemos cintas e controlamos, e cando vemos que a xente entra, pitámoslles", di Roberto, socorrista.

Cómpre ser precavidos e evitar riscos innecesarios na visita a este fermoso monumento natural.

Noticias web

26/07/2021