CRTVG

Buscar

A praia das Catedrais, un dos destinos preferidos para visitar estes días en Galicia

Publicado o 13/04/2019 17:14

Un dos destinos máis demandados para esta Semana Santa é, sen dúbida a praia das Catedrais. Un lugar fermoso, único, pero, ollo, tamén moi solicitado. Así que se non a queren perder saiban que este venres comezaron xa os controis para acceder á praia mariñá, o límite de persoas por día é de 4.812. Xa están instalados os carteis que advirten do perigo. E de non respectárense os sinais, as multas poden ir de 600 a 6.000 euros. Agárdanse milleiros de visitas e que se colgue o cartel de completo na Semana Santa.

Noticias web

13/04/2019