CRTVG

Buscar

A praga do nematodo volve ao piñeiro do sur de Pontevedra

Publicado o 10/01/2019 20:52

A praga do nematodo afecta a madeira do piñeiro e hai localizadas sete árbores dos concellos do sur da provincia de Pontevedra, nas contornas do Porriño, Tui, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde se deu o último caso en 2016. A Xunta establece unha zona demarcada de control cunha serie de medidas para a súa erradicación.

As cortas faranse nun radio de 100 metros para tentar acabar coa praga de xeito definitivo. Este venres sairán publicadas no DOG as parcelas afectadas. Este parasito presenta unha gran capacidade de dispersión a través da circulación de madeira. A súa aparición en Galicia remóntase ao ano 2010 no municipio das Neves, pero en Portugal apareceu a finais dos anos 90 a onde chegou para quedar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019