CRTVG

Buscar

A poxa das unllas de San Lázaro, en Santigo, arrincou cunha peza de 16 euros

Publicado o 08/04/2019 16:28

A poxa das unllas dentro da celebración da Festa de San Lázaro, en Santiago, reúne na traseira do santuario ducias de persoas entre as que hai seguidores habituais.

Manolo de Sar declárase un deses e lembra a orixe deste acto nunha peste, en que os crentes acompañaban os seus rezos con esmola en especie.

Manolo, veciño de Sar, explica que sempre son partes do porco e, do que máis, unllas; que son a esencia desta festa.

A poxa empezou con este exemplar, polo que unha muller pagou 16 euros. A arrincada é sempre máis valorada e a partir de aí chegaron os lotes de ata cinco pezas. Os dez primeiros pagáronse desde 12 ata os vinte euros. María mostrános os tres que adquiriu.

Unha veciña de Santiago conta que mercou tres lotes e que os cartos, 60 euros, "serán para o santo" e de seguido precisa, que serán para o cura e para arranxos no santuario.

Desde a súa experiencia como participante nesta festa en Compostela, Jose, avaliaba así a deste ano.

"Este ano amolounos o tempo, pero a comisión de festa integrada por veciñas do barrio propiciou que houbera verbenas. Despois, a poxa estivo concorrida e a xente púxou ben".

Durante os días de festa numerosos restaurantes do barrio e doutros de Compostela ofrecen menús que teñen na pata de porco o ingrediente principal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019

Máis sobre actualidade