CRTVG

Buscar

A posta en escena deste Celta con Óscar García no banco é outra: máis agresiva, máis vertical e máis competitiva

Publicado o 22/09/2020 16:40

• O seguintes compromisos son ante o Valladolid e o Barcelona

Óscar García tivo moito tempo para reflexionar durante o confinamento de marzo, cando o Celta devalaba a rumbo de colisión co descenso.

Continuidade, presión constante sen claros nin escuros nin apagamentos intermitentes. Velaí a obsesión táctica de Óscar García, que inaugura un novo ciclo na escadra viguesa: a era do martelo e a gota malaia.

Xa puido verse ese Celta constante, e con menos concesión aos flirteos vacuos e improdutivos co balón, na primeira largada contra o Eibar en Ipurúa. Alí foi Emre Mor quen sintetizou cunha gran actuación, directa e frontal, a idea do adestrador. Logo, viría o Valencia, e a mesma presión a toda costa cun Renato Tapia furón e sólido. Esta volta, amais, chegaron os goles.

A recuncada de Murillo afirma atrás o equipo e constrúe seguridade dende a retagarda. O que sumado a unha boa preparación física, e o plus de competencia, robustece a idea de xogo.

O seguinte exame en Valladolid e logo o Barça en Balaídos. Dúas citas para testar a nova folla de ruta do xogo celeste.

Noticias web

22/09/2020