CRTVG

Buscar

A porcentaxe de galegos en risco de probreza baixa e chega ao 18,7%

Publicado o 21/06/2018 21:16

A porcentaxe de galegos en risco de pobreza baixou tres décimas o ano pasado, ata situarse no 18,7 por cento da poboación. No conxunto de España a porcentaxe achégase ao 22 por cento. A Enquisa de Condicións de Vida do INE revela que case o 40% dos galegos non pode permitirse polo menos unha semana de vacacións fóra da casa, e que preto do 24 por cento non pode afrontar gastos imprevistos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2018