A pontevedresa Celia Cerviño dá os primeiros pasos no tenis profesional
Publicado o 13/11/2019 21:27
Celia Cerviño aposta todo a unha carreira no tenis profesional. Acaba de gañar o seu primeiro torneo individual do circuíto internacional. E xa está no ranking da WTA, como Garbiñe, número 35 do mundo ou ou Carla Suárez, a 55.
"Eu son a 908 da WTA", di Celia.
Defínese como unha tenista forte de cabeza e agresiva: "Son moi dura".
Pasou os últimos catro anos nunha universidade dos Estados Unidos que lle ofreceu compaxinar estudos e tenis: "Alá naceu a ilusión".
Despois de dispor deses médios cabe preguntarse se a súa carreira pode avanzar desde Galicia.
"Eu creo que si, se non non estaría aquí. Podo logralo e quero logralo".
Abraia a súa determinación.