CRTVG

Buscar

A pontevedresa Antía Jácome supera o selectivo e estará nos xogos olímpicos

Publicado o 01/07/2021 12:53

RFEPiraguismo

A padexeira pontevedresa superou o selectivo desta mañá en Verducido. Era un duelo definitivo a duas regatas coa madrileña María Corbera no C-1 200 metros. Duas regatas igualadas, pero Antía Jacome gañou as duas probas.

Confirma así a sua presencia en Toquio. Antía Jacome, do Cidade de Pontevedra, vivirá a primeira experiencia olímpica con tan só vinte e un anos.

Noticias web

01/07/2021