CRTVG

Buscar

A ponte trae chuvia e temperaturas suaves

Publicado o 01/11/2019 13:59

No ecuador do outono non sorprende pero esta ponte non presenta os mellores días para facer actividades nin turismo de natureza por Galicia agás que se dispoña do equipamento axeitado para a chuvia e gañas abondo. O lado positivo é que non vai frío; durante esta semana superamos de media os 15 graos en todo Galicia malia as precipitacións abundantes que caeron e han seguir toda a fin de semana. Para a semana cambia o conto.

Estes tres días e vai seguir, a partir do luns ademáis haberá baixada de temperaturas ca entrada sucesiva de fontes frías.
Esta semana superamos de media os 15 garos, pero eso vai remitir para deixar temperaturas mínimas máis baixas e máximas tamén máis baixas.

Imos ter desde domingo a martes podería haber aperrura de claros pero non hai que fiarse porque hai moita inestabilidade atmosférica.

Nada que non sexa habitual no tempo do outono, mal chamado mal tempo. Algo que non arredra aos peregrinos, por exemplo, que seguen facendo quilómetros, eso si, ben pertrechados.

Outrros xa teñen os seus plans sen depender do tempo que vaia. Así que o de quedar na casa pola chuvia parece ser que non vai con nós.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019