CRTVG

Buscar

A Ponte Maceira xa forma parte da rede de lugares máis bonitos de España

Publicado o 05/12/2019 14:59

É difícil non deixarse cativar pola beleza deste lugar, a da natureza marcada polo río Tambre e a patrimonial, as casonas, os muíños, os pombais e, por suposto, a ponte por onde sempre pasan peregrinos camiño a Fisterra.

Dende esta semana A Ponte Maceira xa forma parte da rede de lugares máis bonitos de España, unha rede na que se inclúen 94 localidades de todo o país e na que xa estaban Mondoñedo e Castro Caldelas. Trátase así de promocionar os lugares que coidan do seu medio e do seu patrimonio.

O concelleiro de Patrimonio de Ames, David Santomé, asegura que isto permitirá "dar proxección a un lugar moi fermoso e cun importante valor hisórico e patrimonial".

A esta inclusión na rede de lugares máis bonitos de España podería sumarse proximamente a declaración da ponte como BIC, Ben de Interese Cultural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019