CRTVG

Buscar

A Ponte Maceira, distinguida como unha das vilas máis bonitas de España

Publicado o 31/07/2020 21:49

De feito de non estar o río, non habería a ponte, construción de feitura medieval e orixe posiblemente anterior, que lle dá identidade a esta paraxe pintoresca. Ao contrario do que adoita suceder con triste frecuencia, aquí os moradores tiveron conta ao longo do tempo de non estragar coa obra humana a beleza natural.

A capela de San Brais, o pazo de Baladrón, os muíños que aproveitan a forza do Tambre, completan un cadro digno de ver. Non só polos peregrinos que transitan a ruta xacobea dende Compostela a Fisterra, senón tamén polos bañistas e os turistas que veñen desfrutar da contorna. Un marco incomparable tanto para os retratos espontáneos coma para os fotógrafos profesionais.

Na beira de Negreira teñen xa todo preparado para celebrar, con música e foguetes, a distinción como unha das vilas máis bonitas de España. A ver se o aumento que se agarda de ata un 70 por cento de turismo, segundo a asociación promotora, non desloce os seus actuais encantos.
 

Noticias web

31/07/2020