CRTVG

Buscar

A ponte festiva e a afluencia de visitantes fai subir os prezos do marisco

Publicado o 13/08/2019 14:40

"A nécora grande está pasando aos 55 euros o quilo e a mediana a 35. Despois temos o percebe a 80 euros o quilo, o camarón a 65 e a cigala a 50" "A necoriña, si mira é preciosa pero é que vai a 55 euros o quilo". Así están os prezos do marisco estes días na praza de Lugo da Coruña. Porque a chegada da ponte festiva de agosto e o aumento do número de visitantes é practicamente sinónimo á suba do prezo do marisco, que acada cifras só superadas polas das festas do Nadal.

"Hai un festivo polo medio, pois iso o que fai é que encarece todo, porque temos moita demanda de marisco estes días, hai moito turista, moita festa local, entón pois a xente quere comer marisco e subiu bastante a verdade", di Gonzalo Abad, vendedor da praza.

Os que están de visita non queren perder a oportunidade de probar o marisco galego e din que a calidade hai que pagala. "Todo ben o que pasa é que é moi boa calidade, entón iso é o importante que sexa boa calidade, máis que o prezo" "Certo hai que pagala pero se se axustase un pouco máis porque hai moi bo marisco e está un pouco caro" "Estou asombrada que disto en Tenerife non hai ou hai moi pouco"

Pero tamén están os que habitualmente compran o marisco para celebrar esta ponte festiva de agosto. "É tradición poñer algo para as festas, un pouco de marisco".

O polbo galego tamén aumenta o seu prezo estes días. Hoxé pagábase na praza entre os 16 e os 19 euros o quilo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019