A ponte festiva dispara a ocupación hoteleira por riba do 80% en Compostela
Turistas e peregrinos enchen Santiago de Compostela nas vésperas da ponte festiva. Os que deixaran a reserva de hotel para última hora vano ter complicado. En moitos establecementos hoteleiros xa teñen colgado o cartel de completo. Non obstante, oferta hoteleira é ampla e aínda hai camas dispoñibles para estes días; iso si, non moitas...
Rita Sobrado da Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela asegura que a ocupación supera xa o 80% e agardan que siga medrando coas reservas de última hora.
A maior parte dos turistas que elixen Galicia para pasar esta ponte son nacionais. O tempo, o patrimonio natural e cultural e a gastronomía son os principais reclamos turísticos.
Malia os bos datos que se prevén para esta ponte, dende a Asociación de Hostalaría aseguran que a ocupación durante o mes de agosto está a ser inferior a outros anos.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí