A ponte deixa unha ocupación mínima na hostalería e anticipa malas perspectivas para o Nadal
Publicado o 08/12/2020 15:28
O tempo e sobre todo as restricións impostas polo coronavirus baleiraron de turistas e visitantes tamén a nosa comunidade.
En Sanxenxo, hoteis pechados e tamén vivendas, xa que o peche perimetral pola inclusión da vila como zona de máxima restrición tamén impediu a chegada dos que alí teñen a súa segunda residencia.
Santiago xa non está afectada polo peche perimetral, pero a situación é similar polas rúas da zona vella compostelá, aínda que alí si se pode atopar algún turista.
Despois dunha ponte da Constitución sen turistas, o sector hostaleiro afronta con incerteza as próximas festas de Nadal para as que tampouco se están rexistrando reservas.