A ponte deixa bos datos de ocupación e a esperanza dunha mellor campaña na hostalería
Publicado o 17/05/2021 21:16
Máis claros de sol e temperaturas agradables nas Rías Baixas para despedir a ponte das Letras Galegas. Tres xornadas en que a ocupación media nos establecementos hoteleiros da comunidade chegou ata o 70 %, pero con situacións dispares. Houbo zonas con máis actividade, como as vilas costeiras das Rías Baixas ou a Mariña de Lugo.
Sobre todo, estes días houbo movemento dentro da comunidade, con reservas de última hora e tamén desprazamentos dunha soa xornada. Aínda se viron poucos turistas chegados doutros puntos de España.
Polo momento, só o 30 % dos establecementos hoteleiros están abertos en Galica, pero xa están a recibir reservas de cara ao verán e confían en que sexa unha boa tempada.