CRTVG

Buscar

A ponte de Rande, iluminada ao estilo Golden Gate?

Publicado o 11/09/2019 18:23
A ponte de Rande, iluminada ao estilo Golden Gate?

Rande entre lusco e fusco

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que Audasa planea levar a cabo a iluminación da estrutura da ponte de Rande e que a Xunta solicitou un documento técnico para coñecer máis detalles respecto diso.

Ademais, avogou por emular a iluminación realizada en infraestruturas doutros países, como a ponte de San Francisco e a de Londres.

Durante unha conferencia de prensa celebrada este mércores en Vigo, a conselleira remarcou o "carácter simbólico" da ponte de Rande na ría da cidade olívica e afirmou que, na súa opinión, "debe ser reforzado".

Por este motivo, desvelou que o Goberno galego traballa "desde hai tempo" co obxectivo de que a iluminación ornamental da ponte de Rande se converta nunha "referencia internacional".

Así, avogou pola utilización de distintas tecnoloxías que permitan iluminar a estrutura con cores concretas para conmemorar datas relevantes, como o Día da Muller.

Preguntada polos medios, sinalou que o custo desta actuación é "asumible" e que esta debe ser sufragada por Audasa sen repercutir no importe das peaxes da AP-9 na zona.

Tamén apuntou que solicitou información á concesionaria respecto a os prazos que se barallan para acometer esta actuación.