CRTVG

Buscar

A Policía disolve 272 festas ilegais en Madrid durante a fin de semana

Publicado o 28/02/2021 19:50

A Policía Municipal de Madrid disolveu esta fin de semana 272 festas ilegais na capital, 81 o venres e 191 a noite do sábado, segundo informaron fontes policiais.

Os axentes, en colaboración coa Policía Nacional, desaloxaron unha festa nun local de Villaverde, no que había 65 persoas amoreadas, fumando cachimbas, sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade.

E en Villa de Vallecas, os axentes acudiron a unha nave na que 45 persoas estaban bailando, fumando e nalgúns casos consumindo susbstancias estupefacientes. Os axentes interpuxeron 90 denuncias por infraccións das normas pola covid.


 

Noticias web

28/02/2021