CRTVG

Buscar

A policía xa investigaba os procesados un ano antes da operación para introducir 60 quilos de heroína en Galicia

Publicado o 18/09/2019 16:11

Por terceiro día consecutivo Juan Jesús Ventoso Padín chegaba aos xulgados de Vigo dende prisión. O mesmo facía Manuel Estévez Molares, pero, no seu caso, pola porta principal das dependencias xudicias, xa que este avogado vigués é o unico dos doce procesados nesta causa que está en liberdade.

Os dous teñen antecedentes por narcotráfico e están considerados como supostos líderes dun grupo organizado que tentaba introducir droga en Galicia para a súa posterior distribución. Así se desprende da operación Tirabuzón que culminou coa inacautación do alixo de máis de senta quilos de heroína en Caldas de Reis e coa detencion das doce persoas que, estes días, sentan no banco.

O reponsable desta operación policial explicou hoxe ante a xuíza como se produciron os arrestos e a intervención da droga, e incidiu na complexidade do dispositivo hidraúlico deseñado para trasnportala agochada no remolque dun tráiler. No seu relato explicou que, case un ano antes da intervención da heroína, a policía xa investigaba algúns dos procesados, veciños da zona de Arousa. Dixo que os seguimentos e as escoitas telefónicas realizadas demostran que traballaban de xeito coordinado e en contacto cun grupo organizado colombiano para traer cocaína a Galicia nunha operacion marítima que finalmente se frustrou.

Segundo explicou o xefe da Udyco, a parte colombiana non cumpriu co trato e estafou o grupo galego que, liderado por Estévez Molares e Ventoso Padín, chegara a adiantar unha parte importante de diñeiro. Hoxe as preguntas do fiscal e dos avogados da defensa incidiron moito en tentar clarificar o grao de colaboracion da única muller detida por estes feitos. O responsable policial manifestou que asesoraba a Ventoso Padín, co que mantiña ademais unha estreita relación persoal. Mañá continua o xuizo en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019