CRTVG

Buscar

A cuñada de Carmela Silva declara na causa que xulga o seu suposto enchufe laboral

Publicado o 23/01/2019 21:29

A cuñada de Carmela Silva finalmente declarou como testemuña na causa que xulga o seu suposto enchufe laboral nunha empresa concesionaria do Concello de Vigo. Tras dúas incomparecencias, tivo que ir buscala a policía. O xuízo está a xerar reaccións políticas. O PP de Vigo pide explicacións e responsabilidades. O Goberno municipal non se pronuncia por respecto, din, ao proceso xudiciai.

Despois de non acudir aos xulgados por segundo día consecutivo, a policía tivo que ir buscar este mércores a cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, para que declarase como testemuña no xuízo que investiga o seu presunto enchufe laboral nunha empresa concesionaria do Concello de Vigo. A cuñada da socialista Carmela Silva está desimputada nesta causa por estar prescrito o delito de tráfico de influencias.

Como testemuña declarou que conseguiu o traballo entregando o currículo. Os que si están acusados por prevaricación, malversación e falsidade documental son un xefe de servizo do Concello de Vigo e o xerente da empresa concesionaria. Este xuízo está a xerar reaccións no plano político en Vigo. O grupo municipal do Partido Popular pide explicacións. Dende o Goberno municipal manteñen o respecto polo procedemento xudicial,




Noticias web

23/01/2019