CRTVG

Buscar

A policía tivo que desaloxar a entrada dunha discoteca en Santiago

Publicado o 02/07/2021 15:35

A policía tivo que intervir ás portas dun local compostelán para evitar as aglomeracións. Os que estaban no exterior foron desaloxados e ao final a discoteca decidiu non abrir. Á marxe disto, o sector comeza esta etapa con ganas e tamén con incerteza.

A maioría dos clientes comparten esta intención, queren facelo ben. Combinar ese sentido común coa alegría de celebrar un momento que moitos levaban tempo agardando. Para que poidan seguir gozando destas noites, deberán respectar unha serie de normas.

Os locais teñen que dispoñer dun rexistro de clientes. No interior permítese unha afluencia máxima da metade, no exterior, as terrazas poden estar ocupadas ao cen por cento, todos sentados, mantendo as distancias, e non se pode consumir en barra. Permítese o uso da pista de baile, pero a certa distancia. E, bailando ou non, sempre con máscara.

Noticias web

02/07/2021