A policía tivo que agardar horas na rúa para identificar os asistentes a unha festa en Vigo en que había sanitarios
Publicado o 13/04/2021 16:32
Non foron só queixas por ruído, tamén polo incumprimento doutras normas de convivencia. A noite do venres chegou a primeira denuncia formal dos veciños que alertaron da celebración dunha festa ilegal.
Os veciños lamentan esta conduta en plena pandemia, e máis, sendo os inquilinos sanitarios.
Negáronse a abrir a porta pero os axentes agardaron no exterior e identificaron oito persoas á saída da vivenda. Enfróntanse a unha sanción por incumprir a normativa sanitaria.