CRTVG

Buscar

A policía sospeita dunha banda como autora dos roubos en vivendas da Coruña

Publicado o 27/08/2019 14:29

Unha veciña de Montealto foi unha das vítimas desta fin de semana. Os ladróns aproveitaron un breve espazo dun par de horas para apropiarse de cartos e xoias que tiña na casa. Non foi a única. Son seis as denuncias entre o venres e o domingo, unha cifra que supera a ducia se contabilizamos a última semana.

A Policía Nacional está a investigar esta vaga de asaltos neste mes de agosto. Din que é difícil de momento facer balance porque moitos dos afectados aínda están volvendo das vacacións. O que si parece que constataron é que, nalgúns dos casos, coincide o modus operandi, polo que podería tratarse dunha banda organizada das que adoitan actuar nun período de tempo para logo trasladarse a outro lugar.

Aínda así, algúns destes sucesos son obra de delincuentes habituais. Os axentes detiveron nas últimas horas unha parella con antecedentes, cando se dispoñía a entrar nun piso da cidade.

Noticias web

27/08/2019