CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A policía segue a investigar o tiroteo nun torneo de viodexogos na Florida

Publicado o 27/08/2018 21:24



Contínúan hospitalizados, un deles grave, seis dos feridos de bala no tiroteo nun torneo de videoxogos na Florida. Morreron dúas persoas. O suposto autor do ataque, que se suicidou, era un participante experimentado que acababan de eliminar da competición.

A policía estadounidense continúa as investigacións sobre as razóns que puideron levar a David Katz a matar e a ferir a varias persoas despois de disparar a súa arma durante un campionato de videoxogos en Jacksonville, no estado de Florida. No marco das pescudas os axentes rexistraron o seu coche e unha luxosa casa na cidade de Baltimore. Varios testemuños presentes no evento aseguraron que Katz comezou a disparar xusto despois de perder o xogo sobre futbol americano e acabar suicidándose. Nas últimas horas o debate sobre a violencia armada volveu a primeira liña da política sobre todo a nivel estatal xa que Florida é o segundo estado con máis incidentes con armas de todo o país. Só en dous mil dezaoito acolleu cincuenta e seis tiroteos.

Telexornal Serán

27/08/2018