CRTVG

Buscar

A policía segue á busca do home que presuntamente matou a súa parella en Madrid

Publicado o 17/08/2019 21:14

• Asasinada unha española en Alemaña

Os veciños de Paredes de Nava, a localidade palentina onde nacera hai 49 anos Pilar, concentráronse para honrar a súa memoria e condenar a violencia machista.

"Oxalá que ser muller non saia xa xamais tan caro, que ser muller non sexa tan duro, que ser orfo non sexa tan doloroso. Non existe xustificación. Outras veces vémolo nas noticias e temos a sensación de lonxanía. Hoxe non, tocounos a nós, tocoulle a Paredes". A policía atopou a Pilar morta no seu domiclio, no barrio de Tetúan, en Madrid, con golpes e coiteladas.

Un amigo da actual parella de Pilar avisounos de que o home lle confesara o crime e pedíralle axuda para desfacerse do cadáver, tras enviarlle unha foto do corpo. As forzas da orde seguen á busca do presunto asasino.

A policía arrestárao en novembro tras presenciar como agredía a muller na rúa, pero ela renunciou a denuncialo e pedir protección. Pilar, cirurxiá de profesión, tiña un neno de 9 anos que non estaba na casa cando ocorreron os feitos.

Asasinada en Mannheim

Unha muller española apareceu morta este sábado na cidade alemá de Mannheim. A muller foi atopada no apartamento do seu ex-mozo, o principal sospeitoso, cando varios axentes entraron na vivenda despois de que o home saltara ao baleiro. Estanse a investigar as circunstancias nas que se produciu o suceso e a policía non dará máis información ata o luns. A familia da vitima xa foi informada do seu falecemento. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019