CRTVG

Buscar

Continúa a busca de dous homes por, presuntamente, matar outro a tiros en Madrid

Publicado o 13/03/2018 09:27

A policía segue á busca de dous homes como presuntos autores da morte doutro ocorrida hoxe na localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón. Un axuste de contas é unha das hipóteses que barallan os investigadores.

Segundo a policía, os presuntos autores do crime ían en moto e aproveitaron que o coche da vítima estaba parado para poñerse á súa altura e tirotealo varias veces. Atoparon 12 vaíñas de bala. Segundo as primeiras pescudas, o falecido, de 43 anos, formou parte da banda dos Miami, desartellada en 2011. Este grupo caracterizábase por controlar a seguridade de locais nocturnos madrileños con presuntas coaccións e ameazas e distribución de droga. A vítima, que era colombiano, conducía o seu coche xunto á súa parella, que foi declarada testemuña protexida pola policía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018