CRTVG

Buscar

Bos días

10 horas de rexistro en Coristanco

Publicado o 13/02/2014 09:05

O alcade reunirase hoxe coa oposición para explicarlle o acontecido

Antonio Pensado, alcalde popular de Coristanco, anunciou que hoxe se vai reunir cos membros da oposición para explicarlles o acontecido coa concesión da licenza da planta de reciclaxe que Gesmaga constrúe na Furoca, na parroquia de San Paio, e que motivou unha investigación da policía, o Seprona e a Unidade Central de Operacións.

Onte rexistraron durante dez horas os documentos do concello. Foi por orde da xuíza do Xulgado de Instrución Número 1 de Carballo, que lle solicitou ao alcalde as facturas desde o 2009 correspondentes a traballos contratados polo concello a favor das empresas Gesmaga S.L., Construciones y Excavaciones Alejandro Martínez e Hijos e Esmarlanz S.L. Unhas empresas que tamén foron inspeccionadas este mércores.

O motivo das dilixencias está na querela por presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias presentada por outra compañía do municipio, a construtora Fidel Miramontes, que denunciou trato de favor na concesión da licenza para a planta de reciclaxe. Polo momento non hai persoas imputadas na causa, que foi declarada secreta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

13/02/2014